5 dic 2007

I FEIRA DO MAGOSTO AS BIZOCAS´2007

FIXEMOS UNHA FEIRA NO COLEXIO DAS BIZOCAS. HOUBO DE TODO: TENDERETES QUE MONTARON OS DE 6º, CASTAÑAS... O LUNS EMPEZOU TODO, OS PROFES FOTOCOPIARON O BILLETE GAÑADOR, OS NENOS/AS FACÍAN TENDERETES E, CHEGADO O XOVES, OS NENOS COLOCABAN OS TENDERETES E POLA TARDE OS NENOS BEBÍAN E COMÍAN E XOGABAN MENTRES, MONCHO E MANOLO ASABAN CASTAÑAS E TOCOU O TIMBRE E TODOS MARCHAMOS PARA O BUS.
Rubén Lamelas.5º

I FEIRA DO MAGOSTO AS BIZOCAS 2007

O día 8 de Novembro todo o colexo fixemos o Magosto. Todos fixemos carteis con debuxos do Magosto, despois inventamos uns billetes para comprar cousas no Magosto, inventamos tabernas, xoierìa, banco, xogueterìas, etc. Tiñamos cartos para comprar e chamábanse "castañìns". O profe Pablo disfrazouse de cego e Albino con el de pobre e así acabou todo.
Yoli.5º

14 may 2007

saída divertida




Os alumnos e alumnas de 5º curso das Bizocas ímosvos contar a nosa bonita experiencia no catamarán Neptuno Sb.Foi o día 23 de abril, saímos 4º, 5º e 6º cursos para facer un percorrido pola enseada do Bao.
Veunos buscar un autobús pequeno, antes de sair fixéronnos unha foto de grupo, despois levounos ao porto de O Grove.Alí esperábanos o catamarán, antes de subir a el puxéronnos uns chalecos salvavidas.A continuación subimos e xa dentro prestáronnos uns prismáticos e unhas guías das aves que veriamos, con algo de sorte, durante a viaxe.E vimos : illas, a da Toxa, a da Toxa pequena, Tourís; vimos diferentes especies de paxaros,e unha bonita garza real.O catamarán tiña por debaixo as paredes de cristal e a través delas vimos varios peixes, algas mariñas, bateas de mexilón, de ostras e de vieiras.Despois subimos á cuberta do barco a merendar.Ao mesmo tempo viñan as gaivotas pola súa merenda, moi confiadas elas viñeron ata a cuberta a coller da man do noso guía todo canto lles dou, foi moi curioso.
E de regalo déronnos un lapis a cada un.Pasámolo superben!

20 mar 2007

Visita ao Museo de Pontevedra


O día 20 de marzo fomos de excursión os alumnos de 3º,4º,5º,6º. Visitamos o Museo de Pontevedra e pasámolo de marabilla. No museo hai cousas que teñen algunhas máis de 3.000 anos como o tesouro de Caldas. Vimos ouro, plata e moitos tesouros. Vimos muiños que os tes que mover ti con dous paus e tamén vimos maquetas de barcos. Había un sillón que era coma un barco. Tamén había cadros moi bonitos. A visita era coma un xogo no que nos ían deixando notas e así descubriamos os misterios do museo.

19 mar 2007

Benvidos ao novo peirao virtual dos centros educativos IES e CEIP "As Bizocas". Con esta andaina polos camiños do ciberespacio, queremos poñer en marcha unha unha nova singladura cara unha terra prometida chamada "Dúaszocas".