20 mar 2007

Visita ao Museo de Pontevedra


O día 20 de marzo fomos de excursión os alumnos de 3º,4º,5º,6º. Visitamos o Museo de Pontevedra e pasámolo de marabilla. No museo hai cousas que teñen algunhas máis de 3.000 anos como o tesouro de Caldas. Vimos ouro, plata e moitos tesouros. Vimos muiños que os tes que mover ti con dous paus e tamén vimos maquetas de barcos. Había un sillón que era coma un barco. Tamén había cadros moi bonitos. A visita era coma un xogo no que nos ían deixando notas e así descubriamos os misterios do museo.

19 mar 2007

Benvidos ao novo peirao virtual dos centros educativos IES e CEIP "As Bizocas". Con esta andaina polos camiños do ciberespacio, queremos poñer en marcha unha unha nova singladura cara unha terra prometida chamada "Dúaszocas".