14 may 2007

saída divertida




Os alumnos e alumnas de 5º curso das Bizocas ímosvos contar a nosa bonita experiencia no catamarán Neptuno Sb.Foi o día 23 de abril, saímos 4º, 5º e 6º cursos para facer un percorrido pola enseada do Bao.
Veunos buscar un autobús pequeno, antes de sair fixéronnos unha foto de grupo, despois levounos ao porto de O Grove.Alí esperábanos o catamarán, antes de subir a el puxéronnos uns chalecos salvavidas.A continuación subimos e xa dentro prestáronnos uns prismáticos e unhas guías das aves que veriamos, con algo de sorte, durante a viaxe.E vimos : illas, a da Toxa, a da Toxa pequena, Tourís; vimos diferentes especies de paxaros,e unha bonita garza real.O catamarán tiña por debaixo as paredes de cristal e a través delas vimos varios peixes, algas mariñas, bateas de mexilón, de ostras e de vieiras.Despois subimos á cuberta do barco a merendar.Ao mesmo tempo viñan as gaivotas pola súa merenda, moi confiadas elas viñeron ata a cuberta a coller da man do noso guía todo canto lles dou, foi moi curioso.
E de regalo déronnos un lapis a cada un.Pasámolo superben!